Solo EmpresarialSolo ResidencialPerfil do Contratante
XESTUR LUGO

Solo Residencial

ORTIGUEIRA

A finca sobre a que se plantexa a actuación ten unha superficie total de 1.597 m2 e está formada pola agrupación de varias fincas sitas nos números 55-57-59-61-63 da avenida xeneral Franco e nos números 10-12-16 da rúa Magdalena do Concello de Ortigueira. O concepto fundamental do proxecto é o estabrecemento de dous volumes con fronte as dúas rúas e dun volumen central que funcione de conexión entre eles que adícase a aparcadoiro.

Así, a actuación consta dun edificio que se divide en dous: por un lado, un subedificio con fachada á avenida do Xeneral Franco para 24 vivendas de protección oficial e 2 locais comerciais; e por outro, un subedificio con fronte a rúa Magdalena para 8 vivendas de protección e 8 vivendas libres. A unión entre eles conséguese a través dunha edificación intermedia que adicada a aparcadoiro público e garaxe das 40 vivendas. A solución adoptada trata de preservar o soleamento e iluinación de tódalas dependencias principais, conxugando a utilización de tipoloxías e materiais tradicionais (galerías, balcóns, pizarra…) con outros modernos coma o aluminio lacado das carpinterías.

Con esta distribución, o volumen edificado sobre rasante é de 12.000 m2 e o volumen edificado baixo rasante de 5.800 m2, ascendendo o volumen edificado total a 17.800 m2.

Galería:

foto foto foto foto foto



---
VIVENDAS Á VENDA. INSCRIPCIÓN NO REXISTRO ÚNICO DE DEMANDANTES:
- Rexistro único de demandantes de Vivenda Protexida
- Programa de Vivenda en Aluguer



| Volver á páxina anterior |

Xunta de GaliciaXestión Urbanística de A Coruña S.A.
Ronda de Nelle, 12 bis - 15005 A Coruña | Tel: (34) 981 15 14 64 | Fax: (34) 981 15 27 12 | xestur@xesturcoruna.com