Solo EmpresarialSolo ResidencialPerfil do Contratante
XESTUR LUGO

Solo Residencial

OFIMÁTICO (A CORUÑA)

Situado ao bordo do máis recente ensanche urbano da cidade de A Coruña, hacia o Sur, o ámbito do Parque Ofimático comprende unha superficie de 39,44 Ha, separados por un tramo de vía férrea do novo polígono residencial de Matogrande, o contacto da zona coa Avda. de Alfonso Molina, configurada como vía rápida de conexión coa cidade, e a proximidade ao nudo no enlace coa Autopista do Atlántico proporcionan o seu entorno a imprescindible facilidade de acceso, minimizando os tempos de desplazamento á área urbana.

Desenvolvendo os seus requerimientos funcionais plantéase unha gran praza representativa, aproveitando unha configuración topográfica favorable como elemento central, acollendo a zona do subsolo un gran aparcadoiro e configurando o nivel superior desta plaza as edificacións terciarias de baixo e nove plantas, na zona que denominaremos Minipolígono Ofimático. Este minipolígono, vencellado ao gran aparcadoiro subterráneo que se propón na zona, conxuga un tráfico mixto de vehículos e peóns a través do proxecto dun viario subterráneo que recorre a zona incorporándose ao aparcadoiro, ao mesmo tempo que en superficie se dispónse zonas únicamente peonís.

Sobre o solo residencial plantéxanse dúas tipoloxías: o cuarteirón pechado ou aberto e o bloque lineal. A edificación en bloques de altura moderada recolle o importante aproveitamento residencial asignado para a zona, cunha ordeación de carácter aberto, no que os espacios verdes se integren coa edificación. O uso residencial contén un 50% de vivendas de protección, que se localizan en dous ámbitos perfectamente indentificalbes.

Procurouse que as alturas que se proxectan mantiveran unha escala axeitada cos espazos libres, áreas de xogo ou plazas, e que asegurasen unha calidade ambiental, o que se consegue con alturas máximas de B+6, B+5 y B+4 plantas. Nas zonas adxacentes aos núcleos rurais (Elviña e Eirís) manexáronse alturas oscilantes entre B+1, B+2 e B+3 plantas.

O solo destinado a centros docentes localízase en contacto coa zona de Alfonso Molina, en ámbalas dúas marxes, mentres que na nova vía paralela á estrada de Eirís, establécense as parcelas de equipamentos para servizos de interese público e social. As zonas deportivas sitúanse próximas a estos equipamentos, e aos solos destinados a parque ou zona verde, e os equipamentos de carácter comercial vincúlanse aos baixos das edificacións residenciais.

A ordeación do Parque Ofimático trata de proxectar unha ordenación volumétrica que teña en conta a relación entre o espazo construido e o espazo libre, nun intento por conseguir unha zona urbana de maior calidade ambiental, onde coexistan parques, plazas e edificios dunha forma máis acorde, polas súas dimensións en planta e altura.

Superficie sector: 346.418 m2
Intensidade de uso global: 1,10 m2/m2
Uso residencial,distribución entre:

Vivendas de protección (VP) : 142.897 m2 VP (50%)
V.P. m2 comercial (baixos) : 23.690 m2
V.P. m2 residenciais : 119.207 m2
Nº de módulos (100 m2) vivendas V.P. :1.192

Vivendas libres (VL) : 142.897 m2 VL (50%)
V.L. m2 comercial (baixos) :20.122 m2
V.L. m2 residenciais : 122.775 m2
Nº de módulos (100 m2) vivendas V.L.: 1.228

Total nº vivendas :2.420 vivendas
Aprov. uso terciario : 95.265 m2 const.

foto
Uso terciario (azul), residencial (gris: oscuro corresponde a vivenda de protección)

foto
Espacios libres

foto
Equipamentos

Galería:

foto



---
VIVENDAS Á VENDA. INSCRIPCIÓN NO REXISTRO ÚNICO DE DEMANDANTES:
- Rexistro único de demandantes de Vivenda Protexida
- Programa de Vivenda en Aluguer



| Volver á páxina anterior |

Xunta de GaliciaXestión Urbanística de A Coruña S.A.
Ronda de Nelle, 12 bis - 15005 A Coruña | Tel: (34) 981 15 14 64 | Fax: (34) 981 15 27 12 | xestur@xesturcoruna.com