O sector de O Bertón, correspondente co sector PP-1 R incluido no PXOM do Concello de Ferrol, completa a estructura urbana entre o polígono de Gándara e as Avenidas das PÍas e da Trincheira. Os seus lindes están ben definidos polo sistema xeral viario de acceso á cidade, polo noroeste limita coa estrada da Trincheira que o separa das áreas de solo urbano e urbanizable de Ponzos e Ponte das Cabras, polo nordeste coa Avenida Nicasio Pérez, eixe do desenvolvemento comercial e Industrial da Gándara; polo sur coa Avenida das Pías, que o relaciona co Polígono residencial de Caranza e as vivendas de Bazán, unha das vías prinicipais de acceso á cidade e de relación coa comarca.
Constitúe unha das áreas de oportunidade máis importantes de Ferrol, vencelladas á construcción dunha nova fachada urbana da cidade no seu recuperado acceso pola Gándara e pola avenida das Pías.
A ordenación apóiase preferentemente en dous eixos, un existente formado pola avenida das Pías, remodelada en bulevar; e outro de nova creación a modo de bulevar interior que relaciona o polígono de Caranza e a imprantación dos novos contornos dotacionais municipais (Auditorio e Conservatorio) coa avenida de Nicasio Pérez e os novos centros de servizos de A Gándara. Ámbalas dúas vías serven de apoio á maior parte das edificacións.
A superficie edificable ascende a 137.593 m² construidos, dos que 6.000 teñen carácter de uso terciario en edificación exclusiva, 23.616 m² de uso comercial en plantas baixas de edificación e os restantes 107.977 m² o son de uso residencial distribuido en vintedous cuarteirons. O conxunto así distribuido supón a ordenación de ata un máximo de 1.300 vivendas.
Todas as vivendas estarán acollidas a algún réximen de protección, tanto vivendas adicadas a Vivendas de Promoción Pública (VPP), como a Vivendas de Protección Autonómica (VPA) das que unha parte serán en réxime de aluger.
- Superficie do sector: 137.957 m2
- Edificabilidade máxima : 1,05 m2/m2
- Superficies por usos:
- Residencial: 107.977 m2
- Comercial: 23.616 m2
- Terciario: 6.000 m2
- Espazos libres: 25.009 m2
- Equipamentos públicos: 17.991 m2
---
VIVENDAS Á VENDA. INSCRIPCIÓN NO REXISTRO ÚNICO DE DEMANDANTES:
- Rexistro único de demandantes de Vivenda Protexida
- Programa de Vivenda en Aluguer

Á venda parcela de uso comercial na urbanización "
en: Anuncio Venda de Parcelas...
Adxudicacion Provisional Control Calidade obras Ur
en: Adxudicación Provisional...
Adxudicacion Provisional Contratacion Control Cali
en: Adxudicación Provisional...
Xestión Urbanística de A Coruña S.A.