O Programa de Vivenda en Aluguer ten, como obxectivos, por un lado facilitar o acceso das familias e unidades convivenciais a unha vivenda en réxime de arrendamento e, por outro, dinamizar e ampliar dito mercado incorporando ao mesmo vivendas baleiras.
Os SOLICITANTES DE VIVENDA, no caso de cumprir os requisitos e tras da súa inscripción no programa, entrarán en todos os procedementos de adxudicación que realicen as sociedades públicas coas vivendas que lles sexan cedidas, sempre de acordo cos criterios de adxudicación establecidos na normativa. Si os solicitantes incorporados finalmente resultan adxudicatarios e aceptan a vivenda, asinarán o correspondente contrato de arrendamento, podendo solicitar desde ese momento a subvención ao aluguer.
Os PROPIETARIOS tras a cesión ás sociedades públicas xestoras e o arrendamento das súas vivendas obterán os seguintes servizos e beneficios:
- Garantía do pago da renda mensual dende o primeiro arrendamento no marco do programa ata a extinción da cesión da vivenda, independentemente de que a vivenda estea arrendada ou non ou existan impagos de renda por parte do inquilino.
- Contratación dun seguro multirisco do fogar.
- Asistencia xurídica gratuita en relación co arrendamento.
- Obtención dunha subvención para a rehabilitación da vivenda no caso de ser necesaria.
A Conselleria de Vivienda e Solo, encargada de tramitar as solicitudes ten na provincia de A Coruña as oficinas o efecto sitas en:
A Coruña: Rúa Rianxo, 23 baixo
Ferrol: Rúa Magdalena, 48, baixo
Santiago de Compostela: Área central s/n primeiro andar, local 32 A
Enlaces de interese:
Programa de Vivenda en Aluguer:
http://conselleriavivenda.xunta.es/web/actuamos/133
http://conselleriavivenda.xunta.es/web/actuamos/195
Axudas directas ao aluguer:
http://conselleriavivenda.xunta.es/web/axudamoste/2
Plan Vivenda 2005-2008:
http://conselleriavivenda.xunta.es/web/actuamos/132
Xestión Urbanística de A Coruña S.A.