Solo EmpresarialSolo ResidencialPerfil do Contratante
XESTUR LUGO

En Portada

Xestur A Coruña pertence ó modelo organizativo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, constituíndo unha Unidade Operativa descentralizadora da xestión productiva.

É unha empresa pública da Comunidade Autónoma de Galicia, constituída baixo a forma xurídica de sociedade anónima no ano 1981, e na que participa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a través do IGVS, a Consellería de Economía e Facenda e a Diputación Provincial de A Coruña.

A actividade de Xestur A Coruña vai dirixida á promoción e xestión de solo empresarial, residencial e construcción de edificacións no territorio da provincia da A Coruña, coa finalidade de garantir a utilización do solo dacordo co interese xeral.

Os seus principais obxectivos son:

  • A elaboración de estudios urbanísticos, incluída a redacción de plans de ordenación e proxectos de urbanización, así como a iniciativa para a súa tramitación e aprobación.
  • A adquisición de solo e o exercicio da actividade urbanizadora, dirixida á preparación do solo mediante a realización de obras de infraestructuras, urbanización e dotación de servizos para o seu axeitado equipamento, así como calquera outra acción precisa para a execución do planeamento urbanístico.
  • Promove-la acción edificatoria dirixida á realización de edificacións e instalacións destinadas a albergar industrias e vivendas, incluídas as suxeitas a calquera réxime de protección pública.
  • A xestión e explotación de obras e servicios resultantes da urbanización, no caso de obter a concesión , conforme ás normas aplicables a cada caso.
  • Calquera outra actividade en relación coa elaboración de estudios, redacción de proxectos e plans de ordenación, execución de obras, adquisición, comercialización, permuta e alleamento a título oneroso de solo, equipamentos, e vivendas, xestión e explotación de obras e servizos e calquera outra que estime necesaria, cos límites establecidos pola lexislación aplicable da Comunidade Autónoma de Galicia e polo resto do ordenamento xurídico.
Xunta de GaliciaXestión Urbanística de A Coruña S.A.
Ronda de Nelle, 12 bis - 15005 A Coruña | Tel: (34) 981 15 14 64 | Fax: (34) 981 15 27 12 | xestur@xesturcoruna.com